domingo. 28.04.2024

Evento

AXENDA | "Live is life: La gran aventura", última sesión do Ciclo Mestre Mateo

15/10/23
20:30
Salón de actos da Casa da Cultura de Verín.
liveislife-1280x1822

Dirixida por Dani de la Torre e con guión de Albert Espinosa, "Live is life: La gran aventura" é unha comedia dramática xuvenil que narra o inesquecible vrao de cinco rapaces na Galicia rural dos anos oitenta.

Aventuras xuvenís con toques de humor, e algo sensibleira, que non pode evitar as comparacións coa película estadounidense Cuenta conmigo, protagonizada no 1968 polo prometedor e xa falecido River Phoenix.

Filme non recomendado para menores de 12 anos, que se poderá ver o domingo, 15 de outubro, ás 20:30 horas no Salón de actos da Casa da Cultura de Verín.

Sipnose

Verán de 1985. Como cada ano, Rodri deixa Cataluña e volta á aldea galega dos seus pais para reencontrarse coa súa panda. Pola contra, este ano é distinto para él e os seus amigos. Os problemas do mundo real comezan aparecer nas súas vidas ameazando con separalos. Aferrándose á amizade que os une, os cinco amigos planean escapar a noite de San Xoan en búquedca dunha flor máxica que, según conta a lenda, crece no alto dunha montaña e puede facer os deseos realidade.