sábado. 27.04.2024

Evento

AXENDA | "Lendas no camiño", de Emilio Rúa, na Biblioteca de Verín

14/4/23
19:30
Biblioteca Municipal de Verín
Emilio Rúa - LendasNoCamiño (FILEminimizer)
Libro disco de Emilio Rúa no que musicaliza 36 lendas de Galicia. | FOTO: Emilio Rúa web.

A Biblioteca Municipal de Verín acollerá a presentación do libro disco, de Emilio Rúa, "Lendas no camiño". Un libro que recolle 36 lendas galegas musicalizadas polo artista das Vendas da Barreira. A Biblioteca de Verín convértese en escenario idílico para o concerto do autor. Será este venres, día 14, a partir das 19:30 horas.

Unha das diversas lendas que aparece no novo disco de Emilio Rúa é "A condesa de Verín". Os textos musicalizados recollen a toponimia galega, con referencias a numerosas aldeas e lugares de Galicia; pero tamén se centran na simboloxía galega a través de elementos como castros, castelos, pedras, cruceiros, mouros, santas, demos e cabaleiros. 

En total, 36 lendas galegas ás que lle pón música Emilio Rúa coa intención de recuperalas e mantelas no tempo para futuras xeracións. Unha homenaxe á tradición oral e simbólica de Galicia recollida nun libro disco no que se inclúe unha colección de fotografías de lugares de referencia máxica nas nosas tradicións.