domingo. 28.04.2024

Evento

AXENDA | Ledicia Sola actuará nas festas de As Chás

5/8/23
As Chás, Oímbra.
LEdicia Sola
Ledicia Sola. | FOTO: RR.SS. Ledicia Sola.

A localidade de As Chás, en Oímbra, ten preparada unha boa programación de eventos para celebrar as festas na honra de Virxe das Neves esta fin de semana. Ademáis das tradicionais celebracións relixiosas e actuacións musicais, este ano contarán coa actriz Ledicia Sola, quen porá en escena toda a súa retranca cun monólogo. 

As festas patronais de As Chas celebraranse o sábado, día 5 de agosto. Unha xornada que comezará ben cedo coa charanga Brexit percorrendo as rúas da aldea para chamar á veciñanza á participación e goce da festa xa dende as 10h. A mesma charanga será a encargada de pór música á procesión e misa que terá lugar a partir das 13h.

Xa na noitiña será a hora do humor, Ledicia Sola ofrecerá un monólogo cheo de retranca. Máis coñecida pola súa faceta de actriz en exitosas series, Ledicia Sola leva anos percorrendo vilas e lugares para subir a escena o seu peculiar humor; ben sexa como monologuista ou con compañerias de profesión. A súa actuación comezará ás 21:30h.

Non podía faltar a verbena e as festas de As Chás continuarán coa actuación da orquestra Yucatán, que ofrecerá dous pases para amenizar a noite. O primeiro comezará ás 22:30h., o segundo será a partir das 01h da madrugada.