domingo. 28.04.2024

Evento

AXENDA | Artesanato, nova edición da Feira de Artesanía na Mezquita

5/8/23
Praza do Concello, A Mezquita.
As Travesas da Mezquita cantaron na Feira de Artesanía Artesanato. | FOTO: Noelia Caseiro.
Actuación de "As Travesas da Mezquita", na III edición de Artesanato. | FOTO: Noelia Caseiro.

Un ano máis, e van catro, o Concello de A Mezquita organiza a feira de artesanía "Artesanato". Será o vindeiro sábado, 5 de agosto, cando a localidade volva a tempos pasados cun evento que une tradición, música, gastronomía, artesanía e comercio.

Cada vez son máis as persoas que participan na xornada vestidas de época, engadindo un punto pintoresco á localidade xa engalanada con escenarios artesanais. Durante todo o día haberá actividades para todas as idades e xantar popular con porco ó espeto.

A cuarta edición de "Artesanato" contará cunha diversidade de produtos artesanais nos seus postos; este ano haberá comestibles ecolóxicos, xoias, roupa, xabróns, instrumentos de percusión, coiro, mel ecolóxica, artesanía da madeira e cerámica, velas e bonecas.

Programación

  • 12:00h.: inauguración da IV Feira de Artesanía Artesanato.
  • 13:30h.: actuación "As travesas da Mezquita".
  • 17:00h.: contacontos con "As run run".
  • 18:00h.: "Maxia de aquí e acolá" co mago David Méndez.
  • 19:00h.: actuación da charanga "A Bicoia".
  • 21:00h.: concerto de "Soul & Roll".
  • 00:00h.: verbena co DJ Alex Prieto