domingo. 28.04.2024

Evento

AXENDA | 'Invisibles', teatro pola igualdade no Auditorio

10/3/24
18:00
Auditorio de Verín.
20240310 Teatro 8m Verín, Invisibles cartel

Espectáculo gañador do premio Luisa Villalta a proxectos de Igualdade da Deputación da Coruña, Invisibles é unha adaptación do libro homónimo da periodista Montse Fajardo que relata casos reais de violencia de xénero sufridos por sete mulleres galegas.

Unha coprodución entre Redrum Teatro, o Centro Dramático Galego, a Concellería de Igualdade do Concello de Pontevedra e a Deputación da Coruña, que foi gañadora de tres premios María Casares: dirección, adaptación e iluminación.

Protagonizado por Mela Casal, Sheyla Fariña e Neves Rodríguez baixo a dirección de Marián Bañobre, Invisibles é unha proposta de teatro documental. O domingo, 10 de marzo, subirán ao escenario do Auditorio de Verín para representala.

A obra chega a Verín da man do Centro de Información á Muller. Comezará ás 18:00 horas e a entrada será de balde ata completar o aforo.