martes. 25.06.2024

Evento

AXENDA | Volve a Verín a Gala de Nadal de AEVER

30/12/22
17:30
Pavillón dos Deportes de Verín.
aever_galanadal2022
Gala de Nadal organizada por AEVER.

Logo de dous anos sen ela, á conta da Pandemia, vólvese celebrar a Gala de Nadal AEVER CCU Verín. Será mañá, venres 30 de decembro, a partir das 17:30, no Pavillón dos Deportes de Verín. Un espectáculo cheo de humor, maxia e música pensado para a cativada coa ilusión de que se divirtan durante as vacacións de Nadal.

 

A gala comezará co espectáculo Circo Menudo, con Tanito Clown & Máxico Brais, unha actividade con moito ritmo, humor, maxia e música na que poderá participar o público, independentemente da súa idade. A continuación será tempo de darlle marcha ó corpo co espectáculo MUSIC SCAFFOLD, unha disco proxectada onde o público asistente poderá bailar coas coreografías expostas na pantalla xigante.

 

Para acceder á Gala de Nadal, necesítase entrada que se pode conseguir mercando nos establecementos asociados a AEVER CCU Verín. 

Entrando en la página solicitada Saltar publicidad