domingo. 14.04.2024

Evento

AXENDA | III Frasca do Terrón, música e artesanía tradicional galega

3/6/23
9:30
Campo da festa, Castrelo do Val
Frasca do Terrón, en Castrelo do Val. Imaxes Concello de Castrelo do Val
Frasca do Terrón, en Castrelo do Val. | FOTO: Concello de Castrelo do Val.

Esta fin de semana celébrase a terceira edición da feira de música tradicional galega "Frasca do Terrón", no Concello de Castrelo do Val. Unha xornada para deleitarse coa tradición musical galega, a gastronomía típica e maila artesanía que, nesta edición, terá lugar no Campo da Festa.

Dende primeira hora da mañá comezan as actividades cunha andaina circular que sairá ás 9:30h. do Pavillón Multiusos ata Ribas e volta ó Terrón; un paseo de oito kilómetros con dificultade sinxela que percorre as fermosas paisaxes de Castrelo do Val.

A Feira de Artesanía abrirá a partir das 11h. para dar paso á primeira actuación musical do día coa participación da Asociación de Mulleres Rurais da Comarca e Candaira ás 12:30h. Logo do xantar popular terá lugar a actuación dos Monifates, música e monicreques nun espectáculo pensado para toda a familia que comezará ás 16:30h.

A tarde dedicarase ó Obradoiro de Baile impartido por Alexandre Sotelino; dende as 18 horas o mestre da baile tradicional ensinará as peculiaridades e riquezas do baile en Avión e Beariz

Dende as 19 horas, actuarán os distintos grupos de música tradicional presentes na xornada para amenizar a tardiña ata a hora da cea. Unha xornada moi familiar que rematará coa actuación do grupo tradicional Abóbriga ás 23 horas.