Luns. 30.01.2023

Evento

AXENDA | O folclore do mundo visita Verín

15/08/22 a 15/08/22
22:30 a 23:59
Praza García Barbón de Verín
Cartel das Xornadas de Folclore.
Cartel das Xornadas de Folclore.

O próximo luns, Verín recibirá a tres grupos de diferentes partes do mundo que amosarán os seus bailes e músicas tradicionais. As Xornadas de Folclore regresan despois de dous anos suspendidas pola pandemia e grupos de México, Colombia e Angola actuarán na Praza García Barbón o 15 de agosto ás 22:30 horas.

 

O Ballet Folklórico do Instituto Tecnológico de Celaya representará as danzas tradicionais mexicanas que levan polo mundo desde 1974 para preservar a súa identidade nacional. A Compañía Internacional de Danza Paipa chega desde Colombia cun repertorio de bailes de orixe antillano, caribeño, andino, do Pacífico, da Amazonía e outros de reminiscencias españolas. Unha das súas características son os coloridos traxes e os ritmos alegres que acompañan ós seus espectáculos. Por último, o Ballet Himalaya de Angola chega a Verín trala súa recente creación en 2018 para difundir o folclore africano.

comentarios