domingo. 14.04.2024

Evento

AXENDA | Festas do San Sebastián en Vilar

20/1/24
12:00
Vilar, Castrelo do Val
20240120 festas vilar

A aldea de Vilar, en Castrelo do Val, celebra o sábado as festas na honra do San Sebastián, protector contra a peste na Idade Media e patrón dos Santos Mártires.

Un pasarrúas inicia os festexos antes da misa, que se celebrará ás 13:00 horas. Logo da solemnidade relixiosa, dará comezo a sesión vermú coa música da Fuego Street Band.

A mesma charanga será a encargada de amenizar coa súa boa música a sesión de tarde que porá o punto final ás festas na aldea.

Comentarios