martes. 07.05.2024

Evento

AXENDA | Festas na honra da Virxe da O en Toro

17/8/23 a 20/8/23
Toro, Laza.
17 agosto, festas toro

Hoxe comezan as festas de Toro, no Concello de Laza. Durante catro días a localidade celebrará as súas festas na honra da Virxe da O.

Arrancan as celebracións cun concurso de tortillas, ista tarde a partir das 20:00h., xusto antes da apertura do karaoke no bar da comisión. O venres 18 terá lugar a gran cea popular e a primeira verbena das festas.

O sábado, ás 12:30h., misa e procesión con música de charanga. Xa pola tarde, xogos para a xuventude e acuáticos e a sexta edición da Carreira de sacos. Non faltará a música, a cargo da Fuego Street Band.

O domingo volverá haber misa e procesión antes da sesión vermú. Tamén, teatro e foliada antes de rematar as festas coa verbena nocturna.