Evento
AXENDA | Festas da Asunción en Tamicelas e Naveaus
13/8/23
a
15/8/23
Tamicelas e Naveaus, Laza.
1 de agosto de 2023, 12:00
As localidades de Tamicelas e Naveaus, no Concello de Laza, xa teñen preparadas as súas festas na honra da Virxe da Asunción. Serán os días 13, 14 e 15 de agosto cando se unan para celebralas conxuntamente.
Comezarán as festas cunha foliada libre, á que convidan a todas as persoas que queiran participar, e un xantar popular con pulpeira o domingo 13. O luns 14 será a xornada da cativada, que contarán con inchables gratuítos ó longo da tarde, antes da verbena.
O día grande, martes 15 de agosto, comezará coa misa e a procesión acompañada coa música das gaitas. Xa pola tarde, festa da escuma e sesión contínua de verbena.