jueves. 09.05.2024

Evento

AXENDA | Festas na honra da Virxe da Asunción de María en Cualedro

13/8/23 a 15/8/23
Cualedro.
13 agosto, festas cualedro

Cualedro organiza tres días de festas na honra da Virxe da Asunción de María. Dende o domingo, día 13, e ata o martes 15 de agosto, Cualedro encherase de música e actividades para todas as idades.

Comezan as festas coa gran churrascada popular, que terá lugar a partir das 21:30h. do domingo, amenizada con música tradicional. 

O luns haberá xogos e actividades para a cativada. O martes, procesión e misa a partir das 12:30h. e campionato de chave no campo do toural á tardiña.

Non faltará a música en Cualedro; charangas, banda de gaitas, discomóbiles e a orquestra Capitol serán as encargadas de amenizar os tres días de festa.