Evento
AXENDA | Festas de Cerdedelo: Santa Compaña, rally de carretillas e carrada das mulleres
12/8/23
a
14/8/23
Cerdedelo, Laza.
8 de agosto de 2023, 10:19
Cerdedelo celebra as súas festas ó longo de tres días cheos de actividades singulares. Dende o sábado, 12 de agosto, ata o luns, 14 de agosto, a localidade lazá será punto de encontro dos máis intrépidos carretilleiros.
Arrancan as festas o sábado cunha gincana de auga na fonte da Eira e coa II procesión da Santa Compaña, que rematá cunha gran queimada popular.
Seguen o domingo, cunha sesión vermú e siesta obrigatoria para preparar o "I Rally de carretillas: GP Cerdedelo Circuíto A Cruz" e maila II Carrada das mulleres; remata a xornada co Baile de Gala.
Resisten en Cerdedelo ata o luns, xornada que comeza cunha sesión vermú e que remata coa churrascada popular e un gran baile nocturno.