domingo. 14.04.2024

Evento

AXENDA | Fin de semana de festas en Campobecerros

30/9/23 a 1/10/23
Campobecerros
30 setembro, festas campobecerros

Ista fin de semana, Campobecerros celebra as súas festas con dous días nos que a música e a gastronomía serán protagonistas.

O sábado, 30 de setembro, comeza a celebración cunha tarde na que se escoitará música tradicional antes de comezar a gran cea popular. Pola noite, a Fuego Street Band será a encargada de animar á veciñanza.

O día grande nas festas de Campobecerros será o domingo, 1 de outubro. Pola mañá haberá pasarrúas antes da misa e procesión que comezará ás 13 horas. Logo, a sesión vermú con pulpeira e coa actuación da charanga El Brexit.

Xa pola tarde, a orquestra Fania Blanco Show porá a nota musical para dar paso á gran queimada que se preparará a partir da medianoite.