jueves. 09.05.2024

Evento

AXENDA | A procesión das velas iniciará as festas na Trepa

14/9/23 a 15/9/23
21:00
A Trepa, Riós.
14 setembro, festas a trepa 02

Ista fin de semana, A Trepa, no concello do Riós, celebra as súas festas na honra á Virxe das Dores. Unha celebración que comezará coa procesión das velas percorrendo toda a localidade mañá xoves, día 14, a partir das 21 horas. Pouco despois, a charanga Los Támega será a encargada de amenizar a verbena.

O día grande das festas será o venres, día 15 de setembro; xornada que comeza cun pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas do Concello de Riós. Haberá misas ás 10h, 11h e 12 horas; previas á misa solemne con procesión que terá lugar ás 13 horas.

Unha xornada na que A Trepa contará con pulpeira e coa orquestra La OcaBand, que actuará na sesión de tarde e na verbena da noitiña.