sábado. 13.07.2024

Evento

AXENDA | IX Festa da Xuventude en Bousés

18/8/23 a 20/8/23
Bousés, Oímbra.
18 agosto, Bousés festa xuventude

Bousés acollerá a novena edición da súa Festa da Xuventude a partir do venres 18 e ata o domingo. Tres días de festas que arrancan o venres coa orquestra La ola ADN en sesión de tarde e noite.

Ó longo da fin de semana, haberá animación musical, inchables, actividades para a cativada, pulpeira e concertos.

O sábado 19, ás 12h. celebrarase a misa campestre na honra da Santa Eulalia no parque da aldea. Mentras, o domingo 20, a misa e procesión será na honra da Virxe do Bo Suceso.