Evento
AXENDA | Albarellos recupera a "Festa da Paella"
Logo de varios anos sen poder celebrala, Albarellos volverá ter a súa "Festa da paella". Será a octava edición dunha xolda gastronómica que une a centos de participantes dispostos a degustar o tradicional plato mediterráneo e pasar unha noite de confraternización.
O sábado, 8 de xullo, a Praza do Pobo acollerá a festa organizada pola Asociación Cultural "O Lobisome". Unha cea popular que dará comezo ás 21:30 horas e que contará con música en directo para amenizar a noite. Como fin de festa, haberá unha gran queimada, co seu tradicional ritual para alonxar ós malos espíritos.
As entradas xa están á venda; poderanse adquirir ata o día 5 de xullo a un prezo de 10€ para adultos e 5€ a entrada infantil. A entrada inclúe a degustación do menú e unha participación para o sorteo dun cordeiro.