jueves. 09.05.2024

Evento

AXENDA | Exposición agrogandeira "Crianza Trevinca" na Veiga

13/10/23 a 15/10/23
A Veiga.
Crianza Trevinca 2023 A Veiga (4)

O Concello da Veiga acolle ista fin de semana a III Exposición Agrogandeira "Crianza Trevinca", unha feira que naceu para render homenaxe ó rural galego. Isto é o que teñen programado:

Venres 13

Sábado 14

  • 12:00h: inauguración no Coiñedo coa Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.
  • 12:30h: saída dos bois xunguidos a cargo do gandeiro Mario Nogueira.
  • 12:45h.: recuperación do oficio tradicional arado con bois.
  • 12:00 a 14:00h: talador motoserra Pepe Llorente Escultor oficial de Husqvarna.
  • 13:00h: degustación de produtos locais.
  • 15:00 a 20:00h: elaboración tradicional de augardente.
  • 16:00h: saída dos bois xunguidos a cargo do gandeiro Mario Nogueira.
  • 16:30h: recuperación do oficio tradicional da malla.
  • 17:00h: pasarrúas pola área recreativa do Coiñedo coa Banda de gaitas e pandereteiras da Veiga.
  • 17:30h: campionato de bolos no xogo de bolos do Coiñedo e entrega de premios,
  • 18:00h: espectáculo ecuestre Nieve negra.
  • 18:30h: cata de viños a cargo de Mª Eugenia Medina González.
  • 20:00h: peche da feira.

Domingo 15

  • 11:00h: apertura da feira.
  • 12:00h: concurso "Xunguindo os bois" e entrega de premios.
  • 13:00h: concurso "Acarabuñando a gadaña" e entrega de premios.
  • 13:00h: degustación de queixos da queixería Cumbres de Trevinca.
  • 14:30h: peche da exposición.
Comentarios