Evento
AXENDA | Estrea de "Pretérito imperfecto", documental de Plácido Romero
23/9/23
20:00
Auditorio de Verín.
22 de septiembre de 2023, 13:08
O Auditorio de Verín acolle mañá sábado, ás 20:00 horas, a estrea mundial do documental "Pretérito imperfecto"; dirixido, guionizado e producido polo cineasta Plácido Romero. Despois da proxección, que será de balde, haberá un coloquio sobre o mesmo.
Un traballo dedicado a Xan Moreno, a película propón unha conmovedora travesía a través do espazo e do tempo de volta á infancia no pobo de Verín. A misión é descubrir os diversos destinos dos compañeiros de xeración que aparecen nunha fotografía escolar da década de 1950 que foi destruída. A reconstrución desta imaxe proporcionará as primeiras pistas sobre os futuros que, naquela época, eran descoñecidos para os retratados.