Evento
AXENDA | Entroido de Laza: horario de autobuses
17/2/23
a
20/2/23
Estación de autobuses de Verín - A Cerdeiriña, Laza
15 de febrero de 2023, 10:19
O Entroido de Laza contará cun servizo de autobuses para facilitar o desplazamento ata a localidade nos días grandes dos festexos. Os autobuses circularán dende Verín ata Laza cun prezo de 8€ ida e volta. Dende a organización lembran que é obrigatoria a presentación do billete tanto na ida como na volta.
Co obxectivo de non ter retrasos no servizo, prégase estar nas paradas con 10 minutos de antelación. O servizo de transporte para entroideiras e entroideiros terá as saídas programadas dende a Estación de Autobuses de Verín e dende a zona da Cerdeiriña en Laza nos seguintes horarios:
Venres de Folión:
- Verín - Laza: ás 20:00 e ás 23:00 horas.
- Laza - Verín: ás 04:00 e ás 06:00 horas.
Luns de Entroido:
- Verín - Laza: ás 15:30 e ás 16:00 horas.
- Laza - Verín: ás 22:30 e ás 23:30 horas.
As reservas pódense realizar na taquilla de Socitransa na Estación de Autobuses e na axencia Halcón Viajes de Verín.