viernes. 03.05.2024

Evento

AXENDA | Entroido 2024 A Xironda

3/2/24 a 13/2/24
A Xironda, Cualedro
Mázcaras Xironda (8)
O "Entroido" da Xironda acompañado das Mázcaras. | FOTO: Concello de Cualedro (Arquivo).

As Mázcaras volverán tomar as rúas da Xironda mentras o Entroido agarda a súa queima. Este sábado, día 3, descubrirán a máscara típica do Entroido para dar inicio aos festexos; velaí todo o que teñen preparado para honrar a Don Carnal.

 

Sábado de Entroido, 10 de febreiro

Ás 16:00h. comeza a xuntanza para ir á leña e facer o entroido. Logo, cea para todas as persoas que colaboren. Á noitiña farase a colga do Entroido.

Domingo de Entroido, 11 de febreiro:

  • 12:00h: xuntanza das Mázacaras á saída da misa.
  • 18.00h: festa na rúa con Discomóbil ENJOY.
  • 21:00h: cea popular, gran chocolatada e queimada.

Luns de Entroido, 12 de febreiro:

  • 18:00h: festa na rúa con Discomóbil ENJOY.
  • 21:00h: cea popular e gran chocolatada.

Martes de Entroido, 13 de febreiro

  • 21:00h: cea popular e chocolatada.
  • 23:00h: subasta do falo do Entroido. Queima do Entroido.