domingo. 05.05.2024

Evento

AXENDA | Entroido 2024 Riós

10/2/24 a 10/2/24
Riós e Marcelín.
entroido rios-02
Cada ano son máis as persoas que fan o traxe da figura tradicional do Entroido do Riós: o Vellarrón.

Fin de semana de estrea moi movida para os Vellarróns do Riós. Arrancaban o entroido en Castrelo do Val, no Sábado Maragato, e desfilaban na Feira do Cocido de Lalín promocionando a tradición do seu traxe. A figura típica do Entroido do Riós, recuperada no 2007, vive un momento álxido; cada vez son máis as persoas que fan o traxe, reivindicando o valor da súa cultura.

Como cada ano, desfilarán polas rúas de Riós e Marcelín para festexar o Entroido 2024. Dende o Concello de Riós recomendan a asistencia con disfraz para facer Entroido. Os nenos e as nenas que participen no desfile infantil recibirán un vale-agasallo. Velái o que teñen preparado.

Sábado de Entroido, 10 de febreiro

  • 11:00h: desfile de Entroido.
  • 12:00h: pincho e baile na sesión vermú en Marcelín.
  • 13:30h: Desfile Infantil en Riós.
  • 14:00h: magosto popular con castañas e chourizo, na Praza do Concello.
  • 19:00h: festa coa Banda Instrumental de Riós e con pinchos de orella para petiscar, en Marcelín.