sábado. 27.04.2024

Evento

AXENDA | O domingo do Festival de Curtas

10/9/23
Praza García Barbón e Auditorio de Verín.
FIC Vía XIV 2023 02
Axenda do FIC Vía XIV.

Isto é o que haberá o domingo 10 de setembro no Festival Internacional de Curtametraxes Vía XIV 2023.

Programación

  • 12:00h: "Un rural cheo de audiovisual", encontro de debate sobre as necesidades e posibilidades que o audiovisual representa para o rural. Viñoteca Gandainas.
  • 13:00h: sesión vermú co concerto de Massy Ferguson, na Praza García Barbón
  • 17:00h a 19:00h: obradoiro "A intelixencia artificial no mundo audiovisual", con Alfonso Sola no Auditorio.
  • 17:00h a 21:00h: concurso "Pinturas de Cine", no exterior do Auditorio. Artistas gráficos da bisbarra crearán en directo obras representando a historia da cinematografía.
  • 17:30h: proxección de "Enferma", un traballo dirixido por Manel Salgueiro e protagonizado por Toni Salgado. Esta curta, que se exhibe fóra do concurso oficial, é un vibrante thriller de 24 minutos. Auditorio.
  • 18:30h: "Ti mesma", o pódcast do FIC; formato de entrevistas en directo a diversos convidados ó certame, con toques de humor, reivindicación e cinema. Exterior do Auditorio.
  • 20:00h: actividade "Historia dos cineclubs en Verín". Dirixida por Sabela Souto, recolle a testemuña dos protagonistas daqueles movementos cinéfilos da bisbarra. Auditorio.

Ademais, continúa o Obradoiro de interpretación ante a cámara e o concurso Escaparates de cine.