jueves. 09.05.2024

Evento

AXENDA | Unidade móbil de doazón de sangue en Laza

30/9/23
10:30 a 14:30
Casa do Concello de Laza.
reservas baixas doazón sangue

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue desprazará a súa unidade móbil ó Concello de Laza este sábado, día 30 de setembro. Permanecerá estacionada diante da Casa Consistorial dende as 10:30h. e ata as 14:30 horas para recibir ás persoas que queran colaborar coma doantes.

Dende hai uns días, a Axencia ten activado un aviso por ter baixas as reservas de sangue dos grupos 0+ e A+; motivo polo que solicita a participación cidadá para poder atender as necesidades médicas dos hospitais. Cada día precísanse entre 400 e 500 doazóns de sangue para cubrir a atención nos centros sanitarios.

Para doar sangue hai que almorzar e agardar dúas horas logo de xantar. É importante informar ó médico da medicación que se está a tomar. Poden ser doantes todas as persoas maiores de 18 anos e cun peso superior ós 50kg.