miércoles. 08.05.2024

Evento

AXENDA | "Día da bici" na Gudiña

19/8/23
10:30
Saída dende a Casa do Concello, A Gudiña.
19 agosto, día da bici a gudiña

O Concello da Gudiña organiza unha xornada para gozar do deporte en familia ó aire libre este sábado, día 19

Con saída dende a Casa do Concello, ás 10:30 horas, a ruta circulará ata o campo de fútbol. Os participantes contarán cun circuíto de educación vial e actividades lúdicas antes do picnic popular.

O "Día da bici" repartirá tres premios entre os participantes: á persoa de menor idade, á de maior idade e á bicicleta máis orixinal.