miércoles. 01.05.2024

Evento

AXENDA | Curso de capacitación dixital no IES García Barbón

10/10/23 a 16/10/23
IES García Barbón, Verín.
programa transformación dixital

Logo do éxito acadado na primeira edición, o IES García Barbón vai impartir un novo curso formativo sobre competencias dixitais básicas. Destinado a persoas sen formación dixital previa, e que non cursen ensinanzas regradas neste curso académico 23/24, a formación será de balde.

O curso dará continuidade á primeira edición; na que as persoas están aprendendo a manexar o ordenador e o móbil. Unha formación básica en capacitación dixital que permite adquirir os coñecementos necesarios para utilizar as novas tecnoloxías no día a día.

Ó longo de 30 horas lectivas desenvolveranse contidos dixitais básicos para aprender a pedir citas médicas a través de internet, enviar correos electrónicos ou ler os xornais dixitais, entre outros. Terá lugar entre o 17 e o 30 de outubro, en sesións diarias de 16:00h a 19:00 horas.

Para poder participar é necesario anotarse con anterioridade; unha matrícula que se pode realizar nas instalacións do centro de ensino, en horario de mañá, ou ben a través do teléfono: 988 685 085