jueves. 09.05.2024

Evento

AXENDA | Cualedro celebra a festa de Santo Antón de Padua

13/6/23
10:00
Cualedro.
Cualedro - festas san antonio 2023_02
Festas na honra de "San Antonio de Padua".

Cualedro celebrará as festas na honra de Santo Antón de Padua o vindeiro martes, 13 de xuño. 

Dende as 10:00 horas o grupo Camballeira encargarase de pór música polas rúas da vila para animar á veciñanza. Ás 12h. celebrarase a misa, que dará paso á procesión.

O momento máis agardado será a subasta de cacholas e lacón, que comezará a partir das 13 horas para dar paso a un xantar popular no Polideportivo do Toural.

A charanga Os Bandiños porá música á tarde da festa ata a hora do concerto do grupo de folk céltico Tor, que terá lugar no Polideportivo do Toural a partir das 19:30 horas.