Evento
AXENDA | As alfombras do Corpus Christi pendentes das choivas
A predición meteorolóxica non é a mellor para a elaboración das alfombras florais do Corpus Christi. Hai previsión de auga toda a fin de semana, inda que a AEMET anuncia unha posible parada da choiva dende a tarde do sábado ata o mediodía do domingo.
Verín, Vilardevós, Oímbra ou Laza son algunhas das localidades nas que están pendentes do que aconteza no ceo para engalanar as rúas das súas vilas coas tradicionais alfombras florais.
En Vilardevós, dende a mañanciña do domingo a Charanga Europa animará as rúas da vila. Ás 13 horas comezará a misa e a procesión posterior, para rematar cunha sesión vermut. Tamén á tardiña, a partir das 19 horas, a Charanga Europa amenizará a verbena.
En Verín teñen todo preparado para poder elaborar as fermosas alfombras no caso de que as choivas remitan. O domingo, haberá misa solemne e procesión. E o mesmo lles acontece ós devotos de Oímbra e Laza, onde a tradición se mantén cada ano.