sábado. 27.04.2024

Evento

AXENDA | O Ciclo Mestre Mateo proxecta "O corpo aberto"

13/10/23
20:30
Salón de actos da Casa da Cultura de Verín.
ocorpoaberto-1280x1822

Premio á mellor longametraxe nos XXI Mestre Mateo, O corpo aberto é un relato gótico baseado na obra Lobosandaus que forma parte do libro de contos Arraianos, de Xosé Luís Méndez Ferrín.

Ángeles Huerta dirixe unha película suxerente e arriscada, con grandes paisaxes e referentes no western, que fala do ilusorio dos límites que nos definen; unha fronteira arraiana entre Galicia e Portugal e entre os vivos e os mortos que conta cunha banda sonora composta por Mercedes Peón.

Filme non recomendado para menores de 16 anos, que se poderá ver o venres, 13 de outubro, ás 20:30 horas no Salón de actos da Casa da Cultura de Verín.

Sipnose

909. Miguel, un mestre novo, é destinado a unha pequena vila de montaña na fronteira entre España e Portugal: Lobosandaus, unha aldea inhóspita e de tradicións ancestrais. É un home de razón, pero non pode controlar os seus desexos pasionais e, conforme se achega o inverno, sente como a escuridade se apodera de todo ao seu redor á vez que crece a súa fascinación pola enigmática Dorinda. Nun lugar dominado pola superstición, a estraña morte dun veciño da aldea libera un espírito en busca dun corpo que lle permita seguir coa súa existencia, que levará a Miguel a cuestionar os límites entre o mundo dos vivos e o dos mortos.