viernes. 03.05.2024

Evento

AXENDA | Contos ao aire libre con Raquel Queizás

12/8/22 a 12/8/22
20:00 a 21:00
Rúa Irmáns La Salle
A artista Raquel Queizás participa en 'Venres de conto' da Biblioteca de Verín. | FOTO: Cedida
A artista Raquel Queizás participa en 'Os Venres Son de Conto' da Biblioteca de Verín. | FOTO: Cedida

A campaña Os Venres Son de Conto segue coa súa programación neste mes de agosto tras o éxito do ano pasado. A biblioteca municipal organiza unha serie de contacontos e outras actividades lúdicas ao aire libre dirixidas aos máis pequenos. Serán os venres ás 20:00 horas e a elas asistirán coñecidos realizadores de espectáculos para nenos, contacontos e músicos infantís. Mañá será o turno de Raquel Queizás, quen participará nesta iniciativa da biblioteca municipal con "O eco das pedras". A cita será na rúa Irmáns La Salle ás 20:00 horas.

Comentarios