domingo. 14.04.2024

Evento

AXENDA | Na procura de carrilanos asasinados en Campobecerros

29/4/23
18:30
Local social de Campobecerros, Castrelo do Val.
confe carrilanos campobecerros - castrelo 20230429
A conferencia terá lugar no local social de Campobecerros.

Xurxo Ayán, arqueólogo e doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, e Xosé Lois Santiago, representante do Concello de Castrelo do Val, impartirán unha nova conferencia no marco do proxecto de recuperación da memoria histórica promovido polo goberno municipal de Castrelo do Val e pola Asociación Cultural Os Carrilanos, de Campobecerros.

Baixo o título "Na procura de carrilanos asasinados en Campobecerros, 1936", a conferencia terá lugar mañá sábado, día 29 de abril, no local social de Campobecerros, a partir das 18:30h. 

Unha oportunidade para coñecer, polo miúdo, os tristes sucesos acontecidos no 20 de agosto do 36 en Campos

O asasinato dos carrilanos foi executado pola represión franquista. Feito ben coñecido na contorna e documentado por historiadores. Agora, dende Castrelo do Val quérese facer xustiza e promover a memoria histórica. O proxecto inclúe unha serie de relatorios e conferencias, pero, tamén, os traballos de busca e exhumación do corpo do carrilano Antonio Ribeiro.