jueves. 02.05.2024

Evento

AXENDA | Concurso de pintura na acrópole de Monterrei

30/9/23
Acrópole de Monterrei.
30 setembro, concurso pintura Monterrei

Un ano máis, a acrópole de Monterrei acollerá o concurso internacional de pintura rápida inspirada na contorna paisaxística e monumental da fortaleza. Será a sexta edición dun concurso que, o ano pasado, acollía a participación de 14 artistas para crear as súas obras in situ.

O VI Concurso Internacional de Pintura Rápida Vila de Monterrei celebrarase na xornada do sábado, 30 de setembro. Dende as 9:30 horas, os artistas participantes comezarán a pintar as súas pezas en directo; obras que deberán entregar sen asinar á organización do certame ás 15:30h para ser avaliadas por un xurado profesional.

Logo da deliberación, o xurado presentará o seu fallo ás 17h. na sala de exposicións do Hospital da Trinidade, onde dará a coñecer as pezas premiadas. A mesma sala acollerá, durante todo o mes de outubro, unha mostra coas obras realizadas no concurso.