domingo. 28.04.2024

Evento

AXENDA | "Coidados porta a porta" en Vilardevós

3/10/23 a 3/10/23
Praza do Cruceiro, Vilardevós.
Unidade móbil de Coidados Porta a Porta.

O venres, 29 de setembro, chegará á Vilardevós o autobús do programa "Coidados porta a porta". Ubicarase na Praza do Cruceiro cun horario continuo dende as 9:00 e ata as 20:00 horas. Alí permanecerá, tamén, os días 2 e 3 de outubro para facer as consultas asistenciais.

Creado co obxectivo de previr a dependencia, o programa ofrece o servizo de asistencia sanitaria con consultas de audioloxía, estimulación da memoria e podoloxía a persoas maiores de 55 anos. Servizos de carácter gratuíto para que as persoas que viven no rural podan permanecer atendidas na súa contorna, sen necesidade de desprazarse.

É necesario solicitar cita previa para ser atendido. Pódese pedir nos teléfonos 622 748 283 - 623 546 992 ou a través do correo electrónico: [email protected].