viernes. 03.05.2024

Evento

AXENDA | O autobús dos "Coidados porta a porta" chega a Verín

28/9/23 a 2/10/23
Zona da Preguiza, Verín.
Unidade móbil do programa "Coidados porta a porta".
Unidades móbiles do programa "Coidados porta a porta"

Creado co obxectivo de previr a dependencia, o programa ofrece un servizo de asistencia sociosanitaria con consultas de audioloxía, estimulación da memoria e podoloxía a persoas maiores de 55 anos. Servizos de carácter gratuíto para que as persoas podan permanecer atendidas na súa contorna, sen necesidade de desprazarse.

O servizo estará en Verín a partir do vindeiro xoves, 28 de setembro. Permanecerá na vila do Támega ata o luns 2 de outubro, cun horario continuo dende as 9:00 e ata as 20:00 horas, estacionado na zona da Preguiza.

É necesario solicitar cita previa para asistir ás consultas. Pódese pedir nos teléfonos 622 748 283 - 623 546 992 ou a través do correo electrónico: [email protected].