viernes. 03.05.2024

Evento

AXENDA | "Coidados porta a porta" en Oímbra

25/9/23 a 28/9/23
Praza do Concello de Oímbra.
25 setembro, coidados porta a porta en cualedro02

Creado co obxectivo de previr a dependencia, o programa ofrece o servizo de asistencia sanitaria con consultas de audioloxía, estimulación da memoria e podoloxía a persoas maiores de 55 anos. Servizos de carácter gratuíto para que as persoas podan permanecer atendidas na súa contorna, sen necesidade de desprazarse.

O servizo estará en Oímbra dende o vindeiro luns, 25 de setembro, e permanecerá na praza do Concello ata o xoves, 28 de setembro, cun horario continuo dende as 9:00 e ata as 20:00 horas.

É necesario solicitar cita previa para ser atendido. Pódese pedir nos teléfonos 622 748 283 - 623 546 992 ou a través do correo electrónico: [email protected].