viernes. 03.05.2024

Evento

AXENDA | "Coidados porta a porta" en Castrelo do Val

4/10/23 a 6/10/23
Rúa Toural, Castrelo do Val
25 setembro, coidados porta a porta en cualedro02

A partir de mañá, mércores 4 de outubro, chegará á Castrelo do Val o autobús do programa "Coidados porta a porta". Ubicarase na Rúa Toural, ó carón do Centro de Saúde, cun horario continuo de 9:00 a 20:00 horas. Alí permanecerá ata o vindeiro venres, 6 de outubro para facer as consultas asistenciais.

Creado co obxectivo de previr a dependencia, o programa ofrece o servizo de asistencia sanitaria con consultas de audioloxía, estimulación da memoria e podoloxía a persoas maiores de 55 anos. Servizos de carácter gratuíto para que as persoas que viven no rural podan permanecer atendidas na súa contorna, sen necesidade de desprazarse.

É necesario solicitar cita previa para ser atendido. Pódese pedir nos teléfonos 622 748 283 - 623 546 992 ou a través do correo electrónico: [email protected].