domingo. 28.04.2024

Evento

AXENDA | O Ciclo Mestre Mateo proxecta "Código Emperador", protagonizada por Luis Tosar

10/10/23
20:30
Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín.
codigoemperador

Dirixida por Jorge Coira e protagonizada por Luis Tosar, Código Emperador leva á pantalla unha historia de intriga e espionaxe baseada en feitos reais. Unha entretida película sobre os servizos de intelixencia que amosa o namoramento que Jorge Coira sinte polo cinema de espías dos anos 70. Filme non recomendado para menores de 16 anos.

Un filme finalista nos XXI Premios Mestre Mateo, organizados pola Academia Galega do Audiovisual, en nove categorías: mellor longametraxe, mellor dirección, mellor dirección de produción, mellor interpretación masculina de reparto, mellor interpretación masculina protagonista, mellor maquillaxe e perruquería, mellor montaxe, mellor música orixinal e mellor son.

A traxectoria de Jorge Coira, nado en Rábade no 1971, leva uns anos navegando polos mares do suspense, acadando un enorme éxito coas súas dúas últimas series: Hierro (2019) e Rapa (2022). O director amosa nas súas obras unha excelente calidade visual e fotográfica, cun estilo que lembra ó cinema nórdico. 

A película proxectarase hoxe, martes 10 de outubro, ás 20: 30 horas, no Salón de actos da Casa da Cultura. O Concello de Verín participa no Ciclo Mestre Mateo, o circuíto de cinema galego que programa as películas finalistas dos premios do audiovisual galego, co obxectivo de promover, difundir e achegar a cultura á veciñanza da vila.