domingo. 28.04.2024

Evento

AXENDA | "O home e o can" e "Richard la cigüeña y la joya perdida" no cinema municipal

20/10/23 a 22/10/23
Salón de actos da Casa da Cultura de Verín.
20231120 cinema verín

Esta fin de semana o salón de actos da Casa da Cultura acollerá a proxección de dúas novas películas que proxecta o Cinema Municipal de Verín. Animación infantil para a cativada e un drama neorrealista interpretado por Manuel Manquiña e Paula Chaves.


O home e o can

Manuel Manquiña coprotagoniza iste drama do 2022, amosando unha faceta non tan coñecida na súa traxectoría coma intérprete. Xunto a el, Paula Chaves, quen tamén pon a banda sonora ó filme. Película non recomendada para menores de 12 anos.


Sipnose: Manuel é un home con capacidades intelectuales diminuídas que non saíu nunca da sua aldea. Vive vive completamente só trala morte da última veciña, pero co seu inseparable can. Ata que un accidente lle obriga ir a cidade na procura dun veterinario. No medio dese caos atopará a Paula, fuxida dun fogar desestruturado buscando a libertade. Dúas personaxes antagónicas convértense en dous amigos unidos pola soidade.

Pases:

  • Venres, ás 20:30 horas.
  • Sábado e domingo: ás 19:30h e ás 22:00 horas.

 

Richard la cigüeña y la joya perdida

Coprodución europea de animación infantil que narra a incrible historia dun pardal adoptado por unha familia de cegoñas que debe enfrontarse o gran reto de atopar a Grande Xoia para liberar ós seus amigos.

Pases:

  • Sábado e domingo ás 17:00h.