sábado. 22.06.2024

Evento

AXENDA | Cinema de Verín: unha aventura de espionaxe e un musical infantil para a fin de semana

27/1/23 a 29/1/23
Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín.
Cinema Verín 20230127
Películas para a última fin de semana de xaneiro no Cinema de Verín.

Durante ista fin de semana, o Cinema Municipal de Verín proxectará as películas "Lilo, mi amigo el cocodrilo” e "Operación Fortune: el gran engaño” no Salón de Actos da Casa da Cultura. 

Operación Fortune: el gran engaño

Dirixida por Guy Ritchie, este thriller de acción con tintes de comedia relata unha divertida aventura de espionaxe que se converte en puro entretemento. Un relato de espías ó máis puro estilo retranqueiro do seu director. 

O axente do MI6 Orson Fortune (Jason Statham) mailo seu equipo recrutan a unha das estrelas de cine máis importante de Hollywood (Josh Harnett). Queren que os axude nunha misión encuberta para rastrexar e deter a venda de novas tecnoloxías de armas mortais coas que trafica o multimillonario Greg Simmonds (Hugh Grant).

Horarios:

  • Venres, 27 de xaneiro, ás 20:30 horas.
  • Sábado, 28 de xaneiro, ás 19:30h. e ás 22 horas.
  • Domingo, 29 de xaneiro, ás 19:30h. e ás 22 horas.

 

Lilo, mi amigo el cocodrilo

Cine infantil musical que conta coa presenza de Javier Bardem. Cando a familia Primm se muda a Nova York, o seu fillo tenta, con dificultade, adaptarse á nova escola e ós novos amigos. Todo cambia cando descubre a Lilo vivindo no ático da súa casa. Lilo é un crocodilo cantante a quen lle gusta gozar dun bo baño, comer caviar e a boa música. Fanse os mellores amigos, pero, cando a existencia de Lilo corre perigo, os Primm únense ó dono de Lilo para amosar ó mundo que a familia pode xurdir nos lugares máis insospeitados. 

Horarios:

  • Sábado, 28 de xaneiro, ás 17 horas.
  • Domingo, 29 de xaneiro, ás 17 horas.
Entrando en la página solicitada Saltar publicidad