sábado. 04.05.2024

Evento

AXENDA | "O corno", drama intimista da Galicia dos setenta

27/10/23 a 29/10/23
Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín.
cinema verín 20231027

Esta fin de semana, o Cinema Municipal de Verín proxectará "O corno", dirixida impecablemente por Jaione Camborda, que vén de gañar a Cuncha de Ouro do Festival de Cine de San Sebastián. Un drama intimista que narra a crúa realidade das mulleres da Galicia rural dos setenta.

Sipnose

Illa de Arousa, 1971. María é unha muller que se gana a vida mariscando. Tamén é coñecida na illa por axudar a outras mulleres nos partos con especial dedicación e coidado. Tras un inesperado suceso, vese obrigada a fuxir e comeza unha perigrosa travesía que lle fará loitar pola súa vida. Buscando a liberdade, María decide cruzar a fronteira por unha das rutas de contrabando entre Galicia e Portugal. 

Sesións

  • Venres, 27 de outubro: 20:30 horas.
  • Sábado, 28 de outubro: 17:00, 19:30 e 22:00 horas.
  • Domingo, 29 de outubro: 17:00, 19:30 e 22:00 horas.