martes. 18.06.2024

Evento

AXENDA | Os tres mosqueteiros, D’Artagnan e Mario Bros, no Cinema de Verín

5/5/23 a 7/5/23
Cinema de Verín. Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín.
Cinema verín 20230505
Películas programadas esta fin de semana no Cinema Municipal de Verín.

Esta fin de semana o Cinema Municipal de Verín proxectará as películas "The Super Mario Bros Movie" e “Los tres mosqueteros: D’Artagnan” no Salón de Actos da Casa da Cultura.

"Super Mario Bros: la película" relata a aventura dos fontaneiros de Brooklyn que, cando están a traballar nunha avería subterránea, viaxan ata un mundo máxico. Os irmaos Mario e Luigi sepáranse e Mario deberá emprender unha épica misión para atopar a Luigi.

Horarios sesións:

  • Sábado, 6 de maio: 17:00 horas.
  • Domingo, 7 de maio: 17:00 horas.

 

“Los tres mosqueteros: D’Artagnan” é a nova versión da coñecida historia dos heros franceses. Unha produción francesa que está sendo sinalada coma unha das mellores versións realizadas ata o de agora, cunha excelente elección do reparto de actores.

Horarios sesións:

  • Venres, 5 de maio: 20:30 horas
  • Sábado, 6 de maio: 19:30 e 22:00 horas
  • Domingo, 7 de maio: 19:30 e 22:00 horas

As entradas estarán dispoñibles na taquilla, 30 minutos antes do inicio das sesións, no propio Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín. 

Entrando en la página solicitada Saltar publicidad