domingo. 28.04.2024

Evento

AXENDA | Cinema de Verín: un drama familiar e animación infantil nista fin de semana

10/2/23 a 12/2/23
Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín.
Cinema Verín 20230210
Cartaz das películas que proxectará o Cinema de Verín ó longo dista fin de semana.

Ó longo da fin de semana, no Cinema de Verín proxectaranse dúas películas. "El asombroso Mauricio", filme de animación infantil que repite sesións, e "La ballena", un drama familiar con Brendan Fraser coma protagonista.

 

El asombroso Mauricio

Maurice, un gato da rúa, ten o timo perfecto para gañar diñeiro. Atopa un neno que toca a flauta e faise amigo do seu grupo de ratas faladeiras; diste xeito, non as ve coma se fosen comida. Cando Maurice e os roedores chegan á vila de Bad Blintz, atoparán a Malicia. O seu timo perfecto non vai chegar a bo porto por mor do que van atopar nun soto. Que lles pasará?.

Película recomendada para todos os públicos.

Horarios:

  • Sábado, 11 de febreiro, ás 17h, 
  • Domingo, 12 de febreiro, ás 17h.

 

La ballena

Un solitario mestre de inglés con obesidade severa (Brendan Fraser) tenta reconectar coa súa filla adolescente nunha última oportunidade de redención. Drama familiar que ofrece un relato incómodo sobre a soidade, a obesidade e maila autodestrución emocional. Nominada a mellor actriz, actriz secundaria e maquillaxe e perruquería nos Premios Oscar 2022.

Horarios

  • Venres, 10 de febreiro, ás 20:30h.
  • Sábado, 11 de febreiro, ás 19:30h e ás 22 horas.
  • Domingo, 12 de febreiro, ás 19:30h e ás 22 horas.