domingo. 28.04.2024

Evento

AXENDA | Charla sobre coidados do oído en Oímbra

26/9/23
19:00
Centro Social de Oímbra.
2_audioloxia

O Concello de Oímbra organiza un encontro para falar sobre os coidados da audición e do oído no marco do programa de mellora da saúde e atención á dependencia.

Terá lugar o martes, 26 de setembro, ás 19:00 horas no Centro Social municipal. A iniciativa xorde ó abeiro do proxecto "Coidados porta a porta" da Xunta de Galicia.

O deterioro auditivo pode afectar á integración sensorial e resultar nunha menor socialización. A revisión é importante para a prevención e o seu coidado é fundamental para non perder audición.