viernes. 03.05.2024

Evento

AXENDA | Charla sobre coidados do oído en Viana

24/10/23
19:00
Casa da Cultura, Viana do Bolo.
2_audioloxia

O servizo de audioloxía ofrecido dende o programa "Coidados porta a porta", que istes días ten a súa unidade móbil en Viana, organiza unha charla para falar sobre os coidados da audición e do oído.

No marco do programa de mellora da saúde e de atención á dependencia da poboación do rural, o encontro terá lugar mañá, martes 24 de outubro, ás 19:00 horas na Casa da Cultura de Viana. A iniciativa xorde co obxectivo de previr a perda da audición ofrecendo consellos para manter un bo coidado da mesma.