domingo. 28.04.2024

Evento

AXENDA | Charla sobre coidados do oído en Riós

10/10/23
19:00
Salón de actos do Edificio Multiusos, Riós.
2_audioloxia

Riós acollerá ista tarde un encontro para falar sobre os coidados da audición e do oído, no marco do programa de mellora da saúde e de atención á dependencia da súa veciñanza.

O deterioro auditivo pode afectar á integración sensorial e resultar nunha menor socialización. A revisión é importante para a prevención, e o seu coidado é fundamental para non perder audición.

Unha charla que terá lugar o hoxe, martes 10 de outubro, ás 19:00 horas no Salón de actos do Edificio Multiusos municipal. A iniciativa xorde ó abeiro do proxecto "Coidados porta a porta" da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

O encontro vén complementar o servizo de audioloxía que ofrece o programa "Coidados porta a porta", que istes días ten a súa unidade móbil no municipio. Nas consultas de audioloxía, realízase unha valoración e unha exploración funcional da audición para previr a perda auditiva.