lunes. 29.04.2024

Evento

AXENDA | Charla sobre coidados do oído na Mezquita

17/10/23
19:00
Edificio Multiusos, A Mezquita
2_audioloxia

O servizo de audioloxía que ofrece o programa "Coidados porta a porta", que istes días ten a súa unidade móbil na Mezquita, organiza unha charla para falar sobre os coidados da audición e do oído.

No marco do programa de mellora da saúde e de atención á dependencia da poboación do rural, o encontro terá lugar hoxe, martes 17 de outubro, ás 19:00 horas no Edificio Multiusos da Mezquita. A iniciativa xorde co obxectivo de previr a perda da audición ofrecendo consellos para manter un bo coidado da mesma.