jueves. 02.05.2024

Evento

AXENDA | Celebración do "Día do libro" na Biblioteca de Verín

21/4/23
18:00 a 19:30
Biblioteca Municipal de Verín
Contacontos na Biblioteca Verín
Sesión de contacontos na Biblioteca de Verín. | FOTO: Arquivo.

A Biblioteca Municipal de Verín vai celebrar o Día do libro coa cativada da bisbarra cunha actividade especial dirixida e coordinada polo voluntariado da biblioteca. Unha vez máis, pondo en valor o traballo desenvolvido polas rapazas e rapaces voluntarios do centro cultural da vila.

Será o venres, día 21, dende as 18 horas e ata as 19:30h, cando os máis pequenos podan participar nunha tarde especial con contacontos e manualidades. Unha tarde dedicada ós socios e socias máis cativos, pensada para nenas e nenos de 3 a 9 anos.

As prazas para poder celebrar o Día do libro nesta actividade son limitadas, polo que será necesaria a inscrición previa dos e das participantes.