lunes. 29.04.2024

Evento

AXENDA | Os cativos do CEIP ofrecerán o seu particular "truco ou trato" por Oímbra

31/10/23 a 31/10/23
CEIP de Oímbra
CEIP de Oímbra.
CEIP de Oímbra.

No CEIP de Oímbra este martes será moi especial e de seguro que moi pouco lectivo. A cativada, os seus mestres e os pais e nais da asociación teñen previsto un "terrorífico" día de Samaín que arrincará xa pola mañá cunha "pasaxe do terror" no propio centro educativo. 

Pola tarde, cara as 16:00 horas, sairán ás rúas de Oímbra para ofrecerlle o seu particular "truco ou trato" aos veciños e veciñas da localidade. 

Rematarán a xornada cunha merenda no centro educativo, na que tamén poden participar as nais e pais dos pequenos. Será nela cando se coñezan os mellores "gorros tenebrosos", que elaborou a cativada. 

 

Comentarios