miércoles. 08.05.2024

Evento

AXENDA | Lucenza recupera labores labregas tradicionais

21/8/23
7:30
A Penela, Lucenza.
21 agosto, carrexada herba Lucenza

A Comunidade de Montes maila a Asociación de Veciños de Lucenza organizan unha xornada de recuperación de labores labregas tradicionais para o vindeiro luns, 21 de agosto.

"A carrexa da herba" era un traballo que toda a veciñanza facía en comunidade noutros tempos, mantiña limpos os montes e servía para ter comida para o gando ó longo do inverno. O luns, a partir das 7:30 horas, comezarán os traballos de sega e recollida da herba entre toda a veciñanza. Unha xornada de confraternización e traballo comunal que rematará cun xantar popular en Chairas.