domingo. 28.04.2024

Evento

AXENDA | La Caja de Pandora celebra o seu XIII Festival de Teatro Entreculturas

13/7/23 a 15/7/23
20:30 a 22:00
Auditorio Municipal de Verín
XIII Festival de Teatro 13, 14 e 15 de xullo no Auditorio Municipal de Verín.

A Asociación Cultural de teatro La Caja de Pandora celebrará a vindeira semana o seu XIII Festival de Teatro Entreculturas. As obras teatrais que se representarán serán as seguintes:

  • 13 de Xullo: "O soño dos vagalumes"
  • 14 de Xullo: "Os vellos non deben de namorarse"
  • 15 de Xullo: "Tiza"

Tódalas representacións terán lugar no Auditorio Muncipal do Concello de Verín as 20:30 horas. As obras estarán representadas polo Grupo de Teatro de Nais/Pais da Universidade Laboral, a Agrupación Teatral Silvardeiras de Allariz e La Caja de Pandora de Verín.

Venta de Entradas

  • 6 e 7 de xullo: en papelería Carlín durante o seu horario comercial (9:00-14:00 e de 16:30 a 19:30 horas).
  • 8 de xullo en adiante: no Auditorio de Verín no horario de 19.00 a 21.00 horas.

 

Comentarios